Blogia
Andresadas

Timotei, loiras contra morenas

Timotei, unha coñecida marca de champús, acondicionadores e demáis artigos para o cuidado do cabelo, lanzou unha nova campaña publicitaria en televisión e en Internet. O título seleccionado foi loiras contra morenas. nos anuncios que a marca está a emitir por televisión, aparecen dous tipos de mulleres: as louras e as morenas. no primeiro anuncio, observamos a unha rapaza loira expoñendo a sua opinión, criticando ás morenas, e defendendo a súa cor de cabelo. Defendéndose dunha maneira un tanto peculiar: "As morenas din que falan con homes, pois como non sexa co seu pai e co seu irmán, non sei eu que homes van falar con elas...". As loiras afirman ser máis belas e máis atractivas que as morenas. As morenas deféndense de outra maneira distinta, afirmando que as loiras pode que sexan guapas, pero de cerebro andan moi xustiñas.

A páxina web ofrécenos mais información sobre a campaña de Timotei. Nada máis entrar no website, che pide que escollas o teu "bando": se es morena ou loira. Unha vez escollido o bando do que formas parte, (Timotei Henna para as morenas e Timotei Camomila para as loiras) aparece un menú no que podes escoller os vídeos dos anuncios, e tamén vídeos caseiros elaborados por aquelas que queiran expor o que pensan do outro grupo de rapazas. Ademais dánche a posibilidade de enviar eses vídeos ao bando oposto desde a mesma páxina e de enviar os teus proprios vídeos caseiros. Outro dos apartados convídate a contemplar as diferentes postais elaboradas por un bando ou por outro, ademáis dun curioso chiste sobre o bando contrario. Tamén podes enviar os postais ao teu maior inimigo.

A páxina web colga na rede tamén descargas para o teu móbil, para o teu ordenador e tamén para o teu MSN Messenger, ademais do xogo que xa aparece ao inicio da páxina. Neste xogo, debes escoller a cor do teu cabelo. Entón de o ter escollido, podes rexistarte como xogador ou se só queres xogar por entretemento, por curiosidade, colocar un nickname co que participar. O xogo é simple: consiste en lanzar ao inimigo a modo lanzamento de martelo das Olimpíadas o máis lonxe posíbel. Para iso, debes empregar o rato cando a roda que aparece na parte superior esquerda, estea ao máximo. ¿ que vos parece?

Timotei realizou un concurso para a defensa da cor do cabelo. Na páxina web podes defender a tua cor por dúas vias: con frases ingeniosas sobre as rivais ou con vídeos de menos de 5 MB (é un requerimento). Podes tamén enviar a túas suxestións sobre que opinas desta idea publicitaria de Timotei. ¡ Ah! Esquecíaseme... tamén fala das propiedades da Henna e de Camomila ( dependendo de se es loura ou morena).

¿ É normal que porque Timotei teña duas modalidades de champú para diferentes cores de cabelo, cree esta rivalidade? O meu entender si, porque ainda que semelle que non, esta rivalidade contínua existindo... , ¿ ou non? ¿ Existe algunha rivalidade? ¿ É certo que as loiras son parvas pero despampanantes, e que as morenas son intelixentes pero pouco agraciadas fisicamente? ¿ Son máis guapas as morenas que as loiras? A miña opinión é que son unha retahíla de sandeces... pero se alguén pensa o contrário, que o comente, por favor... E se pensades como eu tamén... A cuestión é que comentedes.

1 comentario

Noelia -

hola!!
estache kedando moi ben a pax. No meu blog puxen un artigo cun enlace o teu blog q vai sobre denuncias a anuncios sexistas. botalle unha ollada se keres.sau2